¿E se lemos sobre rock and roll?

 Despois de caracterizarnos como rockeiros, de disfrutar dunha actuación maxistral de Rock por parte da banda de Bibliocabe, de bailar..., suxerímosvos a lectura dalgunhas obras deste estilo musical que xorde na década de 1950 en Estados Unidos como resposta as novas sensacións e novos sons que demandan os xoves. Velaí as nosas recomendacións:

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



O rock´n´Roll dos Furanchos de Bibliocabe

 Con motivo da celebración do entroido no centro, a banda Os Furanchos de Bibliocabe interpretaron temas clásicos de rock, tais como "Miña terra galega", "Smoke on the water", "Como o vento", "Baila morena", "American idiot" e "Seven nation".





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Entroido en bibliocabe: Os rokeiros de Bibliocabe

 Sumándonos a proposta de Vicedirección para o Entroido de disfrazarse toda a comunidade educativa de Rockeiros, Bibliocabe instou a todos os seus seguidores a disfrazarse e facer algunha foto na Biblio. De seguido tedes aos "rockeiros de Bibliocabe".

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Porque o amor é cousa de todos os días do ano.

 Porque o amor é cousa de todos os días do ano, porque hai moitas formas de amor, porque amamos os "panos de todas as cores", deixámosvos a exposición e instalación que fixemos tendo como base as fotos enviadas polos rapaces, profesores, e resto dos membros da comunidade educativa-

Esta actividade foi froito do traballo conxunto de: Equipo da Biblioteca, Til, Normalización Lingüística, Departamentos de : Filosofía, Física e Química, Francés, Bioloxía, Castelán,  Galego......Especial importancia tivo a participación dos rapaces: Xurxo, Demetrio, Sergio, Alexandra, Ximena, Lucía, Laura, Mateo....espero non esquecer a ningún/a. Graciñas miles a Sara Rodríguez Traveso e Sara Rodríguez Rodríguez, que fixeron as letras. E, como non, queremos enviar un agradecemento especial a Carmen Esperante e Daniela Cambongue, que dende Angola se sumaron a esta marabillosa idea. Graciñas , graciñas, graciñas.



 











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Namorándonos de Angola e das súas xentes. Bibliocabe loves a Biblioteca do centro Ondjango Yapongololi de Angola

 Na actividade , proposta por Bibliocabe, de fotos de amor con mensaxe tivemos a inmensa sorte de poder colaborar co centro Ondjango Yapongololi de Angola onde nestes intres se atopa a nosa compañeira Carmen Esperante.

Neste centro para xoves de 16 a 29 anos promóvese a formación con actividades como:cursos. deportes, "workshops" como o que se está a desenvolvre ahora sobre "Falar en público" que está a ter moitísmo éxito. Tamén contan cunha biblioteca pequeniña onde se poden prestar libros e usar 3 PCS e 4 tablets por espazo dunha hora ou usar a wifi. Iso permite o acceso ás redes sociais, qué é  o máis valorado, que pouca xente ten internet.

Fainos especial ilusión realizar unha actividade conxunta, de biblioteca a biblioteca, con este centro tan especial para Nós. Graciñas a Carmen Esperante e a Daniela Cambongue por facer que esta iniciativa fose posible a pesar das dificultades de comunicación coas que vos atopástedes. GRACIÑAS

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



Panos de todas as cores

 Amor a miña familia,

,amor a miña cultura,

 amor ao deporte,

amor á natureza

amor aos Libros.....

son algunhas das respostas dos rapaces e de toda a comunidade educativa, á pregunta ¿de qué o quén estás namorado? Estas respostas reflíctense nas fotos que para a ocasión se fixeron. De seguido tedes unha pequeniña mostra.



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador