Dillo con Marcapáxinas. Non sexas un ankilosaurio

A partir da iniciativa do Departamento de Francés e coa colaboración do Equipo Tilt, Biblioteca, Normalización Lingüística, .... este ano decidimos dicir non á violencia de xénero cun marcapáxinas. Estes marcapáxinas foron feitos polos nosos alumnos, con lemas por eles inventados e escritos en moitos idiomas: francés, inglés, galego, latín, grego, español, ...

Neta actividade participou todo o centro e tódolos departamentos. Non podía ser doutro xeito, a loita contra a violencia de xénero non admite fisuras.

Entre todos estes lemas, destacamos o do gran marcapáxinas realizado polos alumnos de apoio coa súa profesora Anuncia: "Non sexas un ankilosaurio, valor a respeta ás mulleres e aos homes".

 












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: