Para este mes de Abril, recomendamos a obra doutra "amiga" de Bibliocabe, Eli Ríos.
O
pasado curso 2019/20 disfrutamos con ela de 2 seminarios de
microrelatos da igualdade. Eli axudounos a desmitificar e facer unha
lectura en clave de igualdade de obras como "Harry Potter",
"Cenicienta", "Xogo de tronos", ....
Por
todo o anterior e pola súa indiscutible calidade literaria animámosvos a
descubrir a súa obra, dende "Marta e Pintega", pasando por "Remexido de
patacas" e "María Victoria Moreno" ata obras conmovedoras como "Luns",
onde unha muller de éxito recibe un luns un diagnóstico de cancro de
mama no que apenas ten dous meses por diante.
Tampouco
nos deixará indiferente o "Ceo das reixas", onde recrea o ambiente
carcelario a partires de protagonistas femininas. Pola súa parte "DX"
faranos reflexionar sobre a sumisión a un sistema baseado no poder dos
cartos, sobre a cobiza intrínseca á condición humana, sobre a rebeldía,
a culpabilidade, ...
Dende logo razóns non nos faltan para recomendarvos que leades e releades toda a obra desta autora.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador