Este mércores 11 de marzo co gallo de conmemorar o Día da Muller 8M, xunto co Día da Poesía 21 M, tivemos a oportunidade de escoitar a María Lado e Lucía Aldao na nosa Biblioteca.
As Aldaolado mesturaron poesía, música en diredto e divertidísimas historias coas que engaiolaron aos nosos alumnos. A tarefa non era doada, o público, estaba formada por alumnos de 2º de BAC estresados pola proximidade da ABAU. Nembargantes, conseguiron o case imposible: que por 1 hora esquecesen exames, traballos, ..., e a temida ABAU. Por se isto non abondase conseguiron que riran a esgalla e mesmo que entre todos fisexen un divertido poema.
Grazas María e Lucía pola vosa simpatía, profesionalidade e bon facer. Contamos tervos outra vez moi pronto en Bibliocabe.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario