Conta unha antiga lenda xaponesa que quen sexa capaz de facer 1000 grúas de origami, conseguirá que o seu maior desexo se faga realidade. O noso desexo este ano non é outro que a PAZ. Con este fin, dende a Biblioteca do centro eo programa "Titoría entre iguais" TEI, propuxemos a toda a comunidade educativa facer 1000 grúas. O resultado foi sorprendente: chegamos a 1400!!.
A elas sumouse o magnífico cartel conmemorativo do Día da Paz realizado polo noso alumno de 2º de BAC B, Alejandro García Rodríguez.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario