Sadako y las mil grullas de papel foi a obra que nos inspirou este ano as actividades conmemorativas do Día da Paz. O libro conta a historia de Sadako, unha nena que sobreviviu á bomba atómica de Hiroshima pero que, 10 anos despois, enfermou de leucemia debido á radiacividade que sufriu. No hospital no que estaba ingresada para recibir tratamento pola enfermidade, unha compañeira de habitación contoulle a lenda das 1000 grúas de origami, ademáis de ensinarlle como dobrar ás grúas. Unha versión conta que Sadako non acadou a facer as 1000 grúas, só 644, pero que as súas compañeiras de clase completaron as 1000 e foron enterradas con ela. As 1000 grúas de origami convertíronse en símbolo de paz a causa da historia de Sadako.
Esta preciosa e conmovedora historia foi lida por tódolos alumnos do centro.
Como homenaxe a Sadako e á PAZ, os nosos alumnos aportaron o seu grao de area enviando mensaxes de paz e escribindo a palabra paz en moitísimos idiomas; iso sí, todos levados por unha grúa viaxeira.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador