POESÍA ERES TI



Este ano decidimos celebrar o día da Poesía coa realización de videopoemas por parte dos nosos alumnos. A profesora de Lingua Castelá, Paula, foi a coordinadora de esta interesante actividade. A continuación deixámosvos unha pequena mostra da actividade. 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Mulleres extraordinarias

Dende a biblioteca do IES Río Cabe, e co fin de conmemorar o día da muller (8 de marzo), decidimos elaborar unha pequena guía literaria sobre mulleres extraordinarias. Agardamos que vos gusten as nosas recomendacións.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

ESTRELAS QUE FIXERON E FAN HISTORIA

Falar de Clara Campoamor, Hipatia de Alexandría, Margarita Salas. Virginia Woolf, Maryam Mirzakhani, Valentina Tereshkova, Malala Yousafzai……., é falar de mulleres brilantes, decididas, intelixentes, valentes, pioneiras… Por este motivo, dende a Biblioteca do IES Río cabe celebramos o día da muller cunha exposición sobre estas heroínas. A exposición, realizada polos membros do equipo da Biblioteca, Xurxo Labrador e Flor R. Lemos consta dun gran póster no que aparecen estas “estrelas” nunha galaxia( a galaxia das mulleres) e de imáxenes de cada unha cos seus logros máis unha frase. O Río Cabe está estes días máis brilante e luminoso con elas!

Música cedida por The Poet´s Silence. Grazas por permitirnos disfrutar do marabilloso tema, Sons.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador 

AMOR, MOITO AMOR…



Con bailes e cartas de amor rematamos o mes de Febreiro.
Dende a Biblioteca convocamos un concurso de cartas de amor no que os nosos alumnos/as depositaron no buzón, colocado na Biblioteca, unha carta (de amor, admiración, agradecemento, amizade…) dirixida a unha persoa do centro. As cartas foron repartidas polas nosas “carteiras” Sofía Izquierdo e Andrea López da Costa.

















Tamén, outro ano máis celebramos o a 2ª edición do baile do amor no que participaron alumnos e profesores de todos os niveis. Todo unha festa!!!!
















Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador