Presentación da Curtametraxe "Deil"

O día 6 de novembro, os alumnos do 2º ciclo da ESO tiveron a sorte de asistir á presentación do corto de terror Deil, o último traballo do produtor de cine monfortino e antigo alumno deste centro Iván Patiño.

Contounos cousas moi interesantes do seu traballo, anécdotas das rodaxes e como non, respondeu a todas as preguntas dos rapaces, que por certo foron moitas. Pasamos unha mañá estupenda cun gran comunicador. Dende aquí grazas e sorte Iván.


Festividade do Samaín “Terror na biblioteca”

No IES Río Cabe adornado para a ocasión e dende a biblioteca, o pasado día 30 de outubro, proxectamos dous cortos de terror para o alumnado do 1º ciclo de ESO, así como un concurso de relatos de terror cunha gran participación e todo iso cun final moi doce: degustación de gominolas “terrorríficas”.

Aquí tedes unhas imaxes: