RECORTES. DESILUSIÓN

Sempre neste mes comecei o traballo do ensino, e de Balbordo, con ilusión, con expectativas positivas, con soños... Este ano é diferente. Seica os mestres de primaria e secundaria somos uns irresponsables, uns vagos... E seica tamén somos parvos (esto dígoo eu) por adicar moitas horas das nosas vidas -fóra do horario docente- a formarnos, a preparar as clases, a corrixir e corrixir, a tentar mellorar, a adaptarnos a continuos novos retos... con moito esforzo persoal de moitíííísimos profesores. E o que recollemos é tan só perplexidade, cando se sembra sobre nós a sombra da dúbida sobre a nosa adicación. O pior é que as críticas veñen das mans daqueles que deberían dignificar o noso traballo diario, que non é doado!

Como dicía M. Rivas nun artigo do pasado 1 de Xullo en El País.
"O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ó país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais. Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalecer o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?" (M. Rivas)

E pola parte que nos toca en canto a Bibliotecas, tamén dicía M. Rivas en dito artigo:
"Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e esforzo non retribuido do persoal de ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posible cun traballo nunca contabilizado." (M. Rivas)

Para rematar, co meu desencanto, continúo coas súas palabras: "O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construir ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia." (M. Rivas).

Pois si. A paciencia é a que se está acabando! Por que imos ter que loitar tamén contra a DESILUSIÓN?

RECORTES:
De E. Sánchez Pombo ("Son los profesores") ("Que los militaricen")
Outro de Suso de Toro ("Bocadillo de profesor")
A segunda parte do artigo de Antón Losada "Los listos de Madrid"
J. Antonio Aunión: "Van a por la educación"

Vídeo Informe Semanal




"O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ó país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais. Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalecer o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?" (M. Rivas)


E pola parte que nos toca en canto a Bibliotecas, tamén dicía M. Rivas en dito artigo:
"Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e esforzo non retribuido do persoal de ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posible cun traballo nunca contabilizado." (M. Rivas)


Para rematar, co meu desencanto, continúo coas súas palabras: "O espazo do ensino é o espazo do diálogo. Da palabra. Do pensamento. O berce da liberdade. Mais construir ese espazo esixe sutileza, grandes depósitos de esperanza e unhas condicións de confianza básica. É un traballo delicadísimo. De primeira liña de risco. E de enorme paciencia." (M. Rivas).

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Para estar as de Bibliocabe desanimadas ben se pode crer que as cousas non marchan ben!

Xurxo dijo...

Haberá que insistir, porque o que é seguro é que están poñendo en contra nosa a gran parte da sociedade, e ésta non ten nen a máis remota idea da problemática que existe nos centros educativos públicos.
Porque outra cousa moi distinta son os centros concertados, financiados parcialmente cos impostos de todos os cidadáns e encamiñados á consecución dun sistema educativo "elitista". Para o "resto", quedará o sistema público.
Non debemos de calar ante tanta mentira perpetrada dende a administración.
Ánimo, e que non decaiga!

Anónimo dijo...

Oxalá se de conta a Consellería de Educación que en lugar de recortar onde non debe e modificar horarios, ten que apoiar o profesorado para que siga traballando con ilusión e constancia.

¿Qué sería do Instituto Río Cabe sen o Clube de Lectura, ou o plan lector que fai que todos os alumnos lean libros e libros?. ¿Qué sería dun Instituto sen unha Biblioteca perfectamente atendida para poder emprestar os libros ou clasificalos de forma axeitada?. Por non decir que precisamente actividades como as do día do libro, os dos dereitos humanos, as de San Valentín, as noites na Biblioteca….. ou o mantemento deste e outros Blogs relacionados co Instituto son cousas que lle dan vida e forma de ser a este centro.

¿Alguén se pode crer que todo este traballo se pode facer se estas persoas non dedicasen horas fora do seu horario para preparar todo isto?.

O máis vergonzoso é que os políticos e funcionarios relacionados coa educación non se den conta disto e consigan desmotivar aos profesores para que deixen de facer todas estas tarefas; por sentir unha falta total de apoio e desprecio por parte da Administración.

Moita forza !!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Pena, unha tremenda pena me provoca que unhas persoas que traballaron tanto por esta Biblioteca, que deixaron moitas hora das súas vidas nestes blogs e en tantas actividades magníficas decidan que ata aquí chegamos,que xa está ben de que sexamos tan só un número burocrático para a administración e para que cadren horas que cada vez se recortan máis por parte da administración. Moito ánimo e un enorme recoñecemento pola labor.

Sofía educ dijo...

Nestes momentos de desánimo, noraboa por este blog cheo de traballo, recursos e imaxinación.
Sofía

Anónimo dijo...

"Un profesor traballa para a eternidade: ninguén pode predecir onde acabará a súa influenza" Henry Brook Adams

Carmen dijo...

Comprendo o voso desánimo, é difícil comezar o curso con este clima hostil, pero tedes que saber que fostes e sodes unha referencia para moita xente, que moitas bibliotecas escolares comezamos a nosa andaina bebendo das vosas fontes e "copiando" as vosas experiencias. Que nos encantaron as vosas charlas e somos fans do voso traballo. Non deixedes que vos rouben os soños. Moito ánimo, compañeiras!!
Dende Xinzo unha aperta.