O pasado venres 13, o coñecido escritor Xesús Manuel Marcos estivo na Biblioteca e falou, para os grupos de 4ºESO, dun dos seus libros: O Esconxurador. A actividade foi proposta por Normalización Lingüística.
Xesús, ex-alumno do noso centro, contoulles ós rapaces cal foi a orixe dese libro, en que persoas se baseou para crear algún dos personaxes; falou da tradición oral, da cronoloxía da historia, das narracións que se engarzan no fío argumental, da existencia ou non da literatura fantástica...
Os alumnos preguntaron, opinaron e incluso algún lle fixo suxestións sobre como debería ser unha posible continuación da historia.
Unha moi amena charla sobre un texto moi recomendable no que maxia, tradición, lenda, imaxinación, persoaxes variados, narracións entrelazadas... fan que o libro atrape dende as primeiras páxinas.
Pola tarde, Xesús falou cos membros adultos de Balbordo dese mesmo libro.
0 comentarios:
Publicar un comentario