Eu atopei un soneto
escrito por unha man
descoñecida.
Lino en voz alta.
As árbores aplaudiron.
Cada verso semellaba unha sonata.
Catorce sonatas no piano
da miña voz.
Chopin faloume ao oído.
Tecín unha obra marabillosa:
música e voz eran o mesmo.
Curioso.
Das árbores colgan sonetos
e sobre as ponlas dormen sonatas.
Eu o que fixen foi espertalas.
Nin máis.
Nin menos.
A. García Teijeiro
5 comentarios:
Coma sempre, parabéns. Xa aburrides...!!!!!!!!!!!!!!!!
Pois a min non me aburrides.
Quedeime sorprendido con algún dos vídeos. Están moi ben elaborados. O de "fotopoesía" é marabilloso.
Parabéns por seguir co mesmo entusiasmo que cando comezabades.Sígovos estea onde estea.
Coma sempre, desfrutando do voso traballo. Precioso. Tentaremos seguer o voso camiño.
Xa vos temos enlazado no noso blog.
Marabilloso, canta delicadeza!.
Publicar un comentario