
Como podedes deducir polo cartel que nos fixeron chegar, as horas do día marcan o ritmo dunha historia na que unha muller recibe maltrato psicolóxico por parte do seu home.
As dúas actrices de Grávida Teatro interpretaron estupendamente a anguria, os medos, os sentimentos contradictorios, a loita diaria... dunha muller (elas dúas eran unha soa) na súa rutina diaria; voces que tamén interiorizaban a presenza abafante do home opresor.
Logo da súa actuación, entablamos unha conversación sobre o significado de varios símbolos da obra, a orixe desa representación a partir do texto escrito... algunha alumna preguntou sobre onde están os límites. do maltrato, outros opinaron sobre a pertinencia de reflexionar sobre estes temas.
En definitiva, un exercicio de cavilación (que organizamos conxuntamente Normalización Lingüística e Biblioteca) para un tema que non pode deixarnos indiferentes.
En definitiva, un exercicio de cavilación (que organizamos conxuntamente Normalización Lingüística e Biblioteca) para un tema que non pode deixarnos indiferentes.
0 comentarios:
Publicar un comentario