E TI, SENTÍCHESTE FLOTAR?

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Fermoso cartel, coma decote. Hoxe si que deberiamos aboiar tod@s co vento, pero nada...
Saúdos

Anónimo dijo...

Foi vela e xa nada volveu a ser igual. Non a coñecía, era nova en clase, pero notou esa sensación de nerviosismo so comparable a cando ten que empurrar o balón para meter o gol. Nunca antes reparara nos ollos de alguén, na súa pel, no seu modo de sorrir. Nunca, en ningures.
Non había noite que non falara dela no seu diario, que non empezara a escribir esa carta que, se chegara a atreverse, metería algún día na mochila dela a escondidas, coma quen rouba un anaco de tarta. Aproveitaba toda circunstancia para manterse preto, mais non era quen de manter fixos os seus ollos nos dela. Non se consideraba un home guapo, sí quizáis divertido, pero parecíalle que iso non era suficiente para poder bicala..ufff, encima iso, nunca lle dera un bico nos beizos a alguén.
Foi ela quen un día lle dixo: queres acompañarme a ver un partido?, xoga Andrés e quero ir a velo. Entón, sentiu tanta carraxe que ao chegar á casa rachou todas as cartas a medio escribir, papeis rotos, sonos rotos.
Hai un ano diso e eu sigo aquí, agardándote. Isto vai por ti, sexas quen sexas, estés onde estés. Se algún día decides vir para quedarte, tratareite como a unha princesa. Eu, mentres, agardarei o mellor momento para que sepas de min na túa mochila.