O 1 de setembro de 1883 entraba o bruído do ferrocarril en Monforte. O Rei Alfonso XII, políticos, prensa e monfortinos presenciaban a inauguración da liña férrea que fixo todo máis accesible, que colocou á Meseta máis próxima. Pola velocidade, o ferrocarril acortaría o tempo e o espazo; permitiría o coñecemento, o avance continuo, a aventura, tamén o adeus e a soidade das miradas pola ventanilla, o avance precipitado de imaxes xunto co vaivén da gran máquina.
Monforte, como gran núcleo ferroviario, permitiu o fluír continuo de xentes moi diversas, de pensamentos distintos, de mercancías... e o tren sempre presidiu a imaxe da que en 1885 se convertiría xa en Cidade, a nosa Cidade.
Os 125 anos conmemóranse estes días en Monforte con múltiples actividades organizadas pola Asociación de Amigos do Ferrocarril (AMAFER). Podedes visitar as Exposicións (abertas ata o 5 de setembro) da Casa da Cultura (Filatelia, Carteis de Cine, Artesanía, Maquetas), Fotográfica (na Estación de Ferrocarril) ou a de obxectos ferroviarios e pintura ferroviaria que continuará aberta ó público (na sede de Amafer, na Estación de Ferrocarril). Aquí tendes unha pequena mostra de parte de ditas exposicións e tamén do desfile de vehículos que nos fixo disfrutar ós que estivemos presentes nese momento que tentou homenaxear a importancia do mundo ferroviario na nosa cidade.
Parabéns ós organizadores!
Propúxenlles ós alumnos imaxinar o que sentiría un monfortino daquela época ante o acontecemento, recollo un fragmento:
"Desde varios días antes se notaba a la gente alterada y en todos los círculos la llegada del tren era el único tema de conversación. Todo estaba preparado para el gran acontecimiento y en los balcones colgaban banderas que daban un ambiente festivo. En los andenes se agolpaba la gente. Hombres y mujeres vestidos con sus mejores trajes, esperando ver aparecer la locomotora a lo lejos. Se oyó un pitido. La multitud enmudeció y a los pocos segundos la locomotora pudo verse anunciando el progreso. Una vez se hubo detenido, comenzó la orquesta a sonar y el ruido volvió a ser ensordecedor. Atropelladamente la gente subió a los vagones y cuando todo finalizó saludaba con sus pañuelos, la orquesta seguía tocando" (Lucía Díaz R.1ºA BAC. L.Castelá. Debuxo de Joel Rodríguez R. 3ºA ESO)Os 125 anos conmemóranse estes días en Monforte con múltiples actividades organizadas pola Asociación de Amigos do Ferrocarril (AMAFER). Podedes visitar as Exposicións (abertas ata o 5 de setembro) da Casa da Cultura (Filatelia, Carteis de Cine, Artesanía, Maquetas), Fotográfica (na Estación de Ferrocarril) ou a de obxectos ferroviarios e pintura ferroviaria que continuará aberta ó público (na sede de Amafer, na Estación de Ferrocarril). Aquí tendes unha pequena mostra de parte de ditas exposicións e tamén do desfile de vehículos que nos fixo disfrutar ós que estivemos presentes nese momento que tentou homenaxear a importancia do mundo ferroviario na nosa cidade.
Parabéns ós organizadores!
3 comentarios:
Feliz aniversario que o celebredes ben e coma sempre na locomotora do progreso, ( no tren nas bibliotecas....)
Bicos dende Arzúa e feliz viaxe no novo curso que empeza
me gusta mucho el dibujo de joel es mui imaginativo e incluso artistico mereceria un 10 por ello
muchas gracias por publicar my dibujo y felicidades por su blog .joel
Publicar un comentario