¡Feliz Navidad!

2 comentarios:

mery's dijo...

HOLAAA!!! Cuánto tiempo!! Soy María! Feliz año al Río Cabe! Qué lindo vídeo :) Sobra decir que cuando lo veía me sentía totalmente identificada con él :D :D muchos abrazos y besos. Qué gran trabajo!

Anónimo dijo...

O conto do tío Paco no cabe.

Paco saira pescar pertrechado con todo tipo de equipamento. Dende o cesto ata as longas botas de goma. Tivera aprendido dos vellos do lugar os verdadeiros tesouros do Cabe. Soía ir co cesto, a cana e a bicicleta do avó. Un avó que chegou a utilizala no val do Lemos ata os 100 anos. 100 anos de bicicleta e tren, a vinte ou trinta por hora, que paseniño chegase moito máis lonxe.
Paco adentrarase aquela mañá no río. Críase moi seguro polas botas e o traxe de auga. Entusiasmado polas posibles capturas introduciuse máis no Cabe. Máis e máis. Sen percatarse. A modo pero sen pausa. Seguiu a meterse no río. Ata que o fín veuse totalmente afundido no berce do Cabe. Paco era bastante alto para a súa xeración, a dos rokeiros dos 70. Pero e que a auga revasaba os dos metro e medio. E iso non hai rokeiro que o ature. As botas pegaronselle as pernas coma ventosas. Non podía subir a superficie. E iso que era bo nadador. Tentouno pero non foi quen.Sen poder respirar ala abaixo, decidiu adentrarse máis no Cabe. Paseniño, pero sen pausa. A modo pero sen aire. Pouco a pouco a muller que estaba na outra beira do río comezou ver algo estrano saindo do berce do Cabe. Unha figura de plastico verde xurdíu do río. Paco conquerira sair do río pegado o fondo camiñando paseniño!!!!

Tío Paco, moi parecido a Tom Johnes, o león de Gales, acostumaba engadir que a señora o levou para a súa casa onde o secaron e lle deron de comer. E tamén de beber.
O home saido do río Cabe, tío Paco...

Isto ocorreu nalgún lugar do cabe nun punto non concreto dos 70 ó tío Paco Girondo.