A nosa "Loisíada" II: Tan preto, tan lonxe...

A nai e o director
Exposición multimedia
Durante o curso 1974-75, Lois Pereiro cursou COU no noso instituto, razón pola cal o día 17 inaugurouse unha exposición multimedia sobre a vida do poeta. A ela asistiron os máis altos representantes da vida política e cultural galegas e foi a nai a quen recolleu o recoñecemento das institucións.
O acto central tivo lugar na biblioteca, casi a mesma que seguro que contou coa presencia do escritor, de quen sabemos que foi un grande lector.
E que mellor modo de homenaxealo que con libros? Dende hai catro anos temos por costume no Centro facernos un agasallo colectivo de libros no que participa toda a comunidade educativa. O día 16 formouse unha cadea de libros coas letras que conforman o seu nome que saíu da biblioteca ata chegaren á casa onde pode verse un grande graffitti coa súa figura. Biblioteca, libros e máis libros e rapaces- e non tan rapaces- emocionados descubrindo o libro que un amigo/-a invisible lle regalara.
Agora sabemos que, a pesares do paso do tempo, el e todos nós temos, polo menos, dúas cousas en común: Monforte e a paixón pola lectura.
Grazas a todos/-as pola vosa colaboración!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Emocionoume ver aos pequenos e aos profes.