TRAS ABRIR OS OLLOS, DEIXATE FLORECER

 Déi



xate florecer foi o lema do póster que Estefanía Macineau, alumna de 4 de ESO e colaboradora habitual da Biblioteca, fixo para iste 25N. Tras abrir os ollos, recoñecer o perigo, Estefanía aboga por unha muller empoderada que se deixa frorecer. Parabéns, Estefanía, polo teu magnífico traballo!

 





Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo Labrador
 

ABRE OS OLLOS

  Os nosos alumnado, tras explicarlles o que pode ser unha sinal de alerta e que por iso , sempre deben "abrir os ollos" , foron quen de recoñecer en frases que algunha vez lles dirixiron ese perigo que leva a violencia física e mental.

Algunha das frases máis repetidas foron; Sin mí no eres nadie, me duele que pienses eso de mí, lo inventas para quedar conmigo, soy lo mejor que te ha pasado, es por tu bien, eres demasiado sensible, compárteme tu ubicación, siempre serás mía, te llamé 15 veces ¿dónde estabas?.. 

 Estas inquietantes frases foron escritas e debuxadas por alumnos da ESO e Bacharelato. Inquietante e espeluznate!

                             
































Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador.


 

MANIFESTO 25 N

As nosas alumnas de 4 de ESO, Uxía, África, Verónica e Sabela foron as encargadas de elaborar e ler o manifesto deste 25N. Nel non faltou a lembranza de todas a mulleres mortas por mor da violencia de xénero, así como unha mensaxe de tolerancia cero e mesmo de empoderamento da muller. Parabéns ás catro!


                                

 




Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

25 N Sinais de alerta

 Este ano, no IES Río Cabe, conmemoramos o 25N visbilizando frases tóxicas, enunciados que se poden escoitar nunha relación e ante os que deben saltar todas as alertas. 

O alumnado de distintos cursos da ESO e BAC recopilou ese tipo de afirmacións e plasmounas en cartolinas moradas que se poden ver na entrada do noso centro, baixo os lemas "ASÍ SE COMEZA" e "ABRE OS OLLOS", coa imaxe da artista Doa Oa. A exposición estivo presidida polo póster que Estefanía Macineanu, de 4.º de ESO, elaborou tamén para a ocasión. 

Ás 11 h. reuniuse na entrada do centro o alumnado do centro e varias alumnas de 4.º de ESO leron un manifesto elaborado para esta data. A lectura acompañouse do recordo das mulleres asasinados ao longo deste ano 2025, nunha emotiva homenaxe que lembrou os seus nomes e idades. 

A continuación, podedes ver algunhas imaxes desta actividade de concienciación organizada polo Equipo de Biblioteca, o EDLG e o Departamento de Plástica.