Este ano, no IES Río Cabe, conmemoramos o 25N visbilizando frases tóxicas, enunciados que se poden escoitar nunha relación e ante os que deben saltar todas as alertas.
O alumnado de distintos cursos da ESO e BAC recopilou ese tipo de afirmacións e plasmounas en cartolinas moradas que se poden ver na entrada do noso centro, baixo os lemas "ASÍ SE COMEZA" e "ABRE OS OLLOS", coa imaxe da artista Doa Oa. A exposición estivo presidida polo póster que Estefanía Macineanu, de 4.º de ESO, elaborou tamén para a ocasión.
Ás 11 h. reuniuse na entrada do centro o alumnado do centro e varias alumnas de 4.º de ESO leron un manifesto elaborado para esta data. A lectura acompañouse do recordo das mulleres asasinados ao longo deste ano 2025, nunha emotiva homenaxe que lembrou os seus nomes e idades.
A continuación, podedes ver algunhas imaxes desta actividade de concienciación organizada polo Equipo de Biblioteca, o EDLG e o Departamento de Plástica.






