Xuño, mes do medio ambiente.

 Este mes de Xuño, mes do medio ambiente, queremos lembarvos unha marabilla da humanidade coa que convivimos e vivimos: A Ribeira Sacra. Coñecer e valorar os seus máxicos espazos é unha forma de protexela e conservala.

 

E non hai mellos homenaxe que se nos poda ocorrir que ler sobre a súa paisaxe, cultura, lendas, costumes... 

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Entrevista a Úrsula Neilson.

 Os alumnos de 2º de ESO, coa súa profesora Sara Porrit, seguen coas entrevistas para o seu xornal mensual!!!!.Hoxe foi a quenda de Úrsula Neilson, xornalista e tradutora nada no Reino Unido e neofalante de galego.Os rapaces fixéronlle múltiples preguntas sobre o seu interese en aprender a nosa lingua, o seu día a día empregando o galego e mesmo sobre como cambiar de lingua sen perder a propia. 

Grazas Úrsula por vir ata o Río Cabe a compartir con nós a túa experiencia!!!

Grazas, Sara por esta magnífica iniciativa!!!!

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


FOLIADA LETRAS GALEGAS 2024

E para rematar coa celebración do día das nosas letras, este 15 de maio tivemos a 2ª Foliada das Letras Galegas. Houbo recitais de poemas de Luísa Villalta, obradoiro de baile tradicional. Brindos e mesmo un concerto a cargo do Dúo Periférico. Unha festa na que non faltou de nada!!!

 




















 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Letras galegas 2024. Concurso de micorrelatos.

 De seguido tedes algúns dos microrrelatos que se presentaron ao concurso convocado por Normalización Lingüistica, o Til e a Biblioteca con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas. O día 15, na foliada saberemos o nome dos gañadores. Sorte!!!!




















 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Letras Galegas: Luísa Villalta en banda deseñada.

 Alumn@s colaboradores de Bibliocabe, guiados pola nosa colaboradora Cristina Ouro,  fixéronlle unha pequena homenaxe a Luísa Villalta en forma de banda deseñada. Agardamos que vos gusten estes traballos feitos con tanto agarimo!

Acompañan a estas bandas deseñadas a exposición Luísa Villalta percorre Monforte.










 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador