Porque é o único mundo que temos,
porque formamos parte del,
porque a nosa vida cambiaría dunha forma que non podemos nin imaxinar....
COIDEMOS O NOSO PLANETA XA!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
O blog da Biblioteca Luz Paramio. IES Río Cabe. Monforte de Lemos
Porque é o único mundo que temos,
porque formamos parte del,
porque a nosa vida cambiaría dunha forma que non podemos nin imaxinar....
COIDEMOS O NOSO PLANETA XA!!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
Nestes tempos en que o galego está perdendo falantes, especialmente entre as xeracións máis novas, cremos que é necesario pólo en valor. Un dos prexuízos máis repetidos é que o galego non é útil alén de Ponferrada, mais como di Castelao o galego –con pequenas variantes- é un idioma extenso (fálase nos cinco continentes) e útil (é falado por perto de 300 millóns de persoas).
Esta é a idea do Proxecto Interdisciplinar realizado polos alumnos de 1º de ESO co seu profesor Marco Piñeiro, na materia Formación de Usuarios: facer ver, de xeito obxectivo, a utilidade da nosa lingua e facer que os alumnos exploren na xeografía destes países (onde se encontran); nas personalidades importantes de cada país; na súa cultura, a través dos seus monumentos e da súa gastronomía; das súas paisaxes, tan diferentes á nosa Galiza.
A través de presentacións realizadas polos nosos alumnos, responderanse a cuestións como:
Que ten que ver Angola coa Galiza? A lingua.
Que similitudes hai entre entre Mozambique e a Galiza? A lingua
Que puntos en común teñen Sao Tomé e Príncipe coa Galiza? A lingua
Que relación hai entre Cabo Verde e a Galiza? A lingua. Ademais moitos caboverdianos traballan ben integrados na Mariña.
Que relación ten o Brasil coa Galiza? A lingua. Asemade moitos emigrantes galegos instaláronse no Brasil
Que une Macau (na China) coa Galiza? A lingua
Que une Goa e Diu (na India) coa Galiza? A lingua
Que nos achega a Timor Leste (illa enriba de Australia)? A lingua
Así, tras ver as presentacións de Angola, Mozambique, Sao Tomé e príncipe, Cabo Verde, Brasil, Macau, Goa e Diu, Timor Leste..... chegaremos á conclusión de que con todos estes países e con Portugal podémonos comunicar con pequenas variantes.
De seguido tedes un pequeniño exemplo de presentacións realizadas polos alumnos:
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
De seguido tedes a alumnos de 2º e 3º da ESO recitando poemas de Florencio Delgado
Unha exposición composta dos posters enviados pola consellería con motivo da celebración deste día, un ceo cheo de paraugas con ilustracións de libros en galego, unha exposición de poemas ilustrados de Florencio Delgado e un recitado destes poemas por parte dos nosos alumnos son algunhas das actividades coas que dende Bibliocabe celebramos o Día das Nosas Letras.
Feliz Día das Letras Galegas a tod@s.
Dende Normalización Lingüística, o proxecto TIL e a Biblioteca, animamos aos nosos alumnos a ilustrar poemas de Florencio Delgado. Os escollidos polos rapaces foron, entre outros, Falan castelán, Laios de vello, Ruada, Amores, Prego final a Santa Marta, Cantiga da Vendima... De seguido tedes algunha destas preciosas ilustracións.
Copyright © 2007 - Bibliocabe - Usando Blogger
Illacrimo - Diseño de Design Disease
- A blogger por Blog and Web