Nadal en clave feminina en Bibliocabe

Este ano dende Bibliocabe fixemos unha interpretación do Nadal en clave feminina.

A nosa biblio aparece adornada cunha árbore branca da que colgan adornos malva e prata, ademáis doutros moi especiais: unhas tarxetas-adorno realizadas polos rapaces nas que aparece o seu libro favorito (dunha autora, iso si). Na árbore temos dende Harry Potter ata Jane Eyre, pasando por Beleza Bermella ou Recinto Gris. 

Cada unha destas tarxetas están feitas como pequenas obras de arte, con debuxos, incrustacións, brillantina, ... e onde cada rapaz escrebe no seu interior o que lle suxire a obra: ilusión, aventura, imaxinación, maxia, amores imposibeis, sangue, ...

Completa a decoración a nosa pingüina Cabe que na súa bufanda recomenda as súas obras favoritas e coa que tódolos nosos alumnos quixeron facerse unha fotografía.

Dende Bibliocabe desexámosvos un Nadal cheo de lecturas femininas.















































Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

Este Nadal pídelle moitos, moitos ..... moitos libros

Cunha instalación situada na entrada do centro e composta dunha árbore de Nadal, un Papá Noel e un carro da biblioteca para os libros, Bibliocabe ademáis de desexar felices festas a toda a comunidade educatica do IES Río Cabe (familias, profes e alumnos), suxírenos o mellor agasallo para estas festas: libros, libros e máis libros. Libros para ler sós pero sobre todo para ler en familia.









Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador