Receitas de cociña

Dentro das actividades programadas para o fomento da escritura, atópase a realizada polos alumnos de 1º de ESO do centro, coordinados pola profesora de inglés, Isabel Valledor: un recetario de cociña, neste caso en inglés. Desexamos que vos gusten as súas receitas.








Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

A festa das nosas letras


Cunha Exposición visual dos distintos homenaxeados ao longo da historia das nosas letras ata o presente, ademais de música, celebramos no centro o 17 de Maio, día das Letras Galegas.






Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


Maio, mes das letras galegas: Encontros con Ledicia Costas

Este mes de Maio tivemos a grande sorte de contar coa presenza da escritora Ledicia Costas. A autora reuniuse con alumnos de 1º e 2º de ESO co fin de comentar a súa obra Recinto Gris. Tamén o fixo cos rapaces de 3º e 4º de ESO cos que comentou O corazón de Xúpiter. Os encontros remataron coa firma de Libros.  
Grazas a Ledicia pola súa profesionalidade e amabilidade cos nosos alumnos. 











Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
 

Día do libro: Adéntrate no círculo

Cunha actividade consistente nun divertido baile organizado polo profesor de Eduación Física e integrante do equipo da biblioteca, Carlos Parada, alumnos e profesores do IES Río Cabe adentrámonos no círculo dos libros, dos amigos, da imaxinación, ...., do saber. Rematou a celebración co reparto dos libros do amigo invisible: un ano máis resultou unha actividade moi exitosa.

Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador