14 de febreiro: día dos namorados

Para a celebración deste día en Bibliocabe realizamos varias actividades:

-Preparamos un expositor (autopréstamo) con lecturas e películas relacionadas co amor.
-Adornamos o instituto con corazóns, cupidos e poemas feitos polos alumnos.
-Alumnos e profesores tiveron a oportunidade de deixar as súas mensaxes amorosas en distintas linguas.
-Convocamos un concurso de cartas de amor que tivo moita participación. No photopeach que acompaña a esta entrada podedes ver a carta gañadora.

DÍA DA PAZ 2014

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz ou da non violencia. O equipo da biblioteca xunto cos alumnos de 1º de ESO e PDC preparamos un expositor en forma de biombos con ocos a modo de fiestras onde por un lado pegamos imaxes de paz e polo outro imaxes de guerra, todas elas recopiladas polos rapaces. Finalmente, adornamos estes biombos con citas, poemas e letras de cancións relacionadas con este día.

Aqui tedes o resultado, por certo, con moito colorido: