DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para a celebración deste día, en Bibliocabe puxémonos como obxectivo a reflexión sobre o lema establecido pola ONU para este ano: “Pensa.  Aliméntate.  Aforra”, no senso de evitar despediciar os alimentos e os recursos enerxéticos empregados para producilos. 

Por unha banda, montamos unha exposición na entrada do instituto, en colaboración co personal de limpeza, empregando os desechos recollidos nos últimos catro días, metidos en bolsas de plástico transparente penduradas do teito.  Este é o motivo visual que invita a reflexión, apoiada con carteis con datos da comida desperdiciada no mundo, elaborados por alumnos de 1º de Bacharelato.

Por outra banda, buscamos información sobre agricultura ecolóxica, coa visita do Secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, quen deu unha charla para o alumnado de 3º de ESO. 


E culminamos os actos do día coa inauguración do Horto Ecolóxico Bibliocabe, no que cultivaremos leitugas, cenouras, porros, cabaciñas e pementos para o autoconsumo.