O venres tivemos contacontos. Visitounos Teresa Grau, a magnífica texedora de historias. Herdeira da ancestral tradición da narración oral, deleitounos con tres contos, ambientados en exóticos lugares: o conto do optimista que chegou a primeiro ministro, o conto dos dous amigos que atravesaban o deserto, e o conto do guapísimo rei altivo.
Teresa encandila co seu saber facer e coas súas historias cheas de profundas mensaxes que, nestes tempos convulsos onde prima o valor do mercado, recórdannos cal é o verdadeiro sentido das nosas vidas. Gracias, Teresa!