Este ano, dende a Biblioteca do IES Río Cabe, decidimos dedicar os días 1 e 2 de Novembro á celebración do Día dos Mortos en México, declarado pola UNESCO como obra mestra do Patrimonio Cultural da Humanidade.
Os nosos alumnos de Antropoloxía, coordinados pola súa profesora Flor, fixéronnos ver como culturas tan dispares como a norteamericana, xaponesa, coreana, china, ... e mexicana, homenaxean aos seus ancestros nestas datas. Asímesmo, desveláronnos as claves desta celebración en México: catrinas ou caveiras mexicanas, frores, doces, bandeiras de tódalas cores, música, ... e festa, moita festa, xa que para eles é un día de xúbilo.
Con estas ideas, ambientamos o noso centro. Xa na entrada do instituto unhas alegres e coridas banderolas mexicanas con caveiras nos agardaban, frores, moitas frores, unha cadeira e un marco decorado para a ocasión con motivos frorais, un mural, un esquelete, ... toda unha festa!
Pero esto só foi o inicio porque o resto sucedeu na nosa Biblioteca ...
Grazas aos noaos alumnos colaboradores: Alejandro, Iria, Katy, Lucía, Marta, Mouad e Naiara.
Grazas aos noaos alumnos colaboradores: Alejandro, Iria, Katy, Lucía, Marta, Mouad e Naiara.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario