II Certame de Contacontos

Seguindo coas imaxes que os estamos a ofrecer, aquí tendes as outras contacontos que participaron.
Emma contoulles Onde esta o arco da vella? de Lluïsot, no que se narra un verán na vida de Aniol quen vai coa súa familia de vacacións á montaña e as aventuras que vive xunto o seu can Folerpo e unha gran amiga... a Lúa.
Aquí tendes un pequeno fragmento do que os rapaces viron:

video

Uxía e Mar contaron a historia de Alberte quen era un neno moi tímido e sempre se metían con el na escola. O seu gran apoio era a súa cadeliña, por iso estaba sempre a xogar con ela. Un día levou os deberes sen rematar e dende aquela propúxose sempre facelos antes que nada.
Mirade e divertídevos:
video

II Certame de Contacontos

Por segundo ano un grupo de alumnas participou neste certame de Contacontos.
Neste fragmento da actuación de Irene e María de 1º de BAC, os rapaces de 1º de Primaria do Colexio Novo disfrutaron con conto de Cornelia Funke, El Capitán Barbaespín y su cuadrilla, que trata de cómo o feroz Capitán Barbaespín considera que él e a súa cruel tripulación dominan todos os mares. Mais non contaban cunha pequena e atrevida rapaza chamada Molly, á que secuestran. Ela pronto amosa que é máis astuta e máis lista que os piratas. E pola súa culpa Barbaespín terá que enfrontarse por vez primera ao máis temible do mundo: ¡a furia dunha nai!

video

Actividades Letras galegas 2008

Ademais da exposición sobre o escritor X.Mª Álvarez Blázquez, estanse a levar a cabo outras actividades organizadas pola nosa compañeira Chelo Vara quen, xunto co seu alumando do 1º ciclo, nos agasallou cunha mostra sobre Castelao e outra sobre os libros que os rapaces de 2º da ESO recoméndannos, baixo o lema: "A Maxia da Lectura"
Aquí tedes unha presentación do que fixeron:

Xesús M. Marcos: O Brindo de ouro


O día 12 deste mes estivo connosco o escritor Xesús Manuel Marcos para falarnos do seu libro O brindo de ouro. É este un libro de aventuras, de carácter fantástico, que nos pode facer recordar a Harry Poter. Os personaxes principais son o xove Selmo, impulsivo e cheo de inocencia, Oulego, o home salgueiro e "dicidor de palabras" que non pode durmir por medo a converterse en lobishome, e Toimil, unha especie de cabaleiro andante, namorado e valente guerreiro. Os tres terán que vencer unha morea de dificultades para recuperar o Brindo de ouro, corno máxico que fai invulnerable á súa xente.
Xesús Manuel Marcos estudou Dereito e vive na actualidade en Madrid.No comezo da charla falounos de recordos da infancia no Courel, dos seus inicios na lectura, de anécdotas da súa época de estudante. Fixo COU neste centro e algúns profesores tivemos a sorte de telo como alumno e disfrutar dos seus primeiros escritos.
A seguir, Xesús Manuel explicounos os motivos que o levaron a escribir unha novela xuvenil, máxica, que nos fala dun pasado mítico, dos premios conseguidos e dunha segunda parte que está a punto de saír.
Entablou logo un coloquio moi animado co alumnado. Os rapaces fixéronlle diversas preguntas sobre diferentes aspectos da novela: cal foi a súa inspiración para buscar o nome dos personaxess, por que identifica cada aldea cunha profesión, se as lendas que aparecen son da súa inventiva o as rescatou dos seus maiores... El mesmo fixo participar a todos os alumnos facéndolles tamén preguntas tales como cal foi o seu personaxe preferido. A isto respondéronlle que fora Lombán, o lobo albino de Selmo.
Ó final da charla un grupo de alumnos achegouse cos seus libros para seren asinados polo autor.
Agradecemos o esforzo que supuxo para Xesús Manuel vir dende Madrid para estar unhas horas connosco. Agradecemos tamén o seu ofrecemento para volver visitarnos dentro de dous anos para falanos do poeta tamén courelao Novoneyra, que, por certo, hai anos deu un inesquecible recital de poesía no noso centro. Adiantounos que no ano 2010 será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Queremos recordarvos desde aquí que o día 31 de maio faremos unha excursión á Devesa da Rogueira, espazo que ocupa gran parte da novela. Xurxo, o noso profesor de relixión e irmán de Xesús Manuel, fará de guía. Coñeceremos moitos dos lugares nos que transcorre a acción. E quen sabe se atoparemos a fermosa Lucenza! Pero coidado, quizais intente engadar a algún profesor ou alumno para que quede con ela na súa lagoa. Oulego foi quen de resistir ós seus encantos, poderedes vós?
Por Mª Xesús Vila Quiroga

Letras galegas, 2008

Esta é a nosa pequena homenaxe ao escritor Xosé Mª Álvarez Blázquez:

video

Letras Galegas 2008

O noso cartel:

Cóntame unha ópera



A ópera é un drama cantado con acompañamento instrumental que se representa nun espazo teatral diante dun público. O drama preséntase usando o elemento típico do teatro, tales como escenografía, vestiarios e actuación. Sen embargo, a letra da ópera (coñecida como libreto), cántase en vez de ser falada.
A ópera tradicional consiste en dúas modalidades de canto: recitativa e aria; esta última refírese a composicións para voz solista.
Seguindo a liña que comezamos a curso pasado, tratamos de achegar este difícil xénero musical ao alumnado. Ben de forma indirecta, coa proxección de fragmentos de ópera, como este:

video
ben mediante a súa participación directa, como actores, na representación das óperas.

video
Intentádeo co voso alumnado e xa veredes os resultados.

Pasión lectora

"La chica que va leyendo frenta a mí en el metro sólo despega la vista de las páginas para comprobar por qué parada vamos, o para retener mejor alguna imagen, o darle vueltas a una frase que le ha impresionado.[...] Ha forrado el libro porque tal vez se lo han prestado y no quiere estropearlo, o puede que para ella sea un acto tan íntimo que prefiera proteger la identidad de la obra y el autor y, de paso, sus propios gustos. Precisamente, de gustos se trata. Hasta que una obra entra en los manuales de literatura primero tiene que pasar por el proceso del simple gustar, de atrapar a alguien que lo va leyendo con el traqueteo del autobús o en un bar lleno de ruidos. Incluso andando por la calle [...] Y es que a quien le gusta leer de verdad, lee por cuatro y encuentra la forma de hacerlo aun a riesgo de pegarse un buen tropezón.
[...] Yo sacaría la novela que llevo en el bolso y me pondría a lo mío, pero me siento intrigada por lo que lee ella[...]"
Clara Sánchez, El País, 31/10/2006

Recuerdo que cuando leí este artículo me sentí totalmente identificada con su autora: siempre me había gustado saber qué leían los demás cuando me los encontraba en cualquier lugar. Es por ello que empecé a fotografíar a la gente leyendo allí donde me los encontrase, no sé si por curiosidad o por demostrar que en un país del que se dice que la gente no lee, es una verdad a medias.
Creo que en el fondo todos deseamos que nos dejen leer, como sea, pero que nos dejen.




Forges y El Roto: Libros y lectura

"[...] sólo en la biblioteca pública la igualdad en el derecho a los libros se corresponde con la profunda democracia de la literatura, que sólo exige a quien se acerca a ella que sepa leer y sea capaz de prestar una atención intensa a las palabras escritas. En el reino de la literatura no hay privilegios de nacimiento ni acreditaciones oficiales, ni jerarquías de ninguna clase ante las que haya que bajar la cabeza:nadie tiene la obligación de leer una determinada obra maestra; y no hay un libro tan difícil que pueda ser inaccesible para un lector con vocación y constancia[...]"
A. Muñoz Molina, "De una biblioteca a otra", El País 3/5/08

video

A flor máis grande do mundo, de Saramago

¿Hace cuánto tiempo que no lees una historia supuestamente escrita sólo para niños? ¿Hace cuánto tiempo que no te leen en voz alta como cuando eras niño?
Si disponéis de sólo diez minutitos, os invito a que veáis y oigáis este corto que fue nominado en los Goya en la categoría de Mejor Corto de animación. Entre las figuras de plastilina está el propio Saramago y su voz, quien nos invita a que hagamos una reflexión sobre la infancia, la naturaleza y sobre las pequeñas cosas. ¡Qué disfrutéis como cuando erais unos niñ@s!