"Viaxeiras, intrépidas, exploradoras, aventureiras, ...: Mulleres!!, é o noso lema do Día da Muller que este ano imos celebrar durante todo o curso. Por este motivo, en colaboración entre o departamento de Educación Física e a Biblioteca, o pasado venres día 30 de Novembro contamos no noso centro coa presencia dunha grande aventureira e alpinista: Chus Lago.
Con ela viaxamos á Antártida, ao Everest, a Laponia, ..., sentimos medo, case nos conxelamos, e disfrutamos da sensación de estar no cumio do mundo.
Ademáis, falounos do seu próximo desafío: percorrer Siberia acompañada doutras dúas mulleres. Alumnos e profesores do IES Río Cabe estaremos seguindo día a día esta nova aventura. Agardamos con impaciencia a súa volta para que nos narre como só ela sabe facer tan fascinante odisea. Grazas Chus por facernos partícipes das túas viaxes.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario