NAMORADOS 2016

MOITO AMOR...

Grazas á colaboración de moito profesorado de diferentes asignaturas e da entusiasta participación dos alumnos, a proposta feita dende a Biblioteca de encher un soporte de papel hixiénico con poemas, frases, dedicatorias e un caramelo tivo unha resposta excelente. Frases en distintos idiomas, recortes, creacións persoais, imaxinación... puxeron a maxia buscada.


O luns 15 moitos alumnos buscaban a creación da súa clase e esperaban a sorpresa.


¡Moitísimas grazas pola vosa excelente resposta!

14 DE FEBREIRO


A profesora de francés, Laura Cereijido, coa súa creatividade axudou a encher de cor este día.


Na Biblioteca, unha maceta moi especial adornou, e endulzou,  o noso mostrador.
Ó fondo un Cupido feito tamén por dita profesora.


Este curso tampouco podían faltar os poemas con caramelo... que, ano tras ano, son un "clásico" desta celebración...