2010 en imágenes



¡Feliz 2011!

Premios ITE

Bibliocabe, el blog de la biblioteca, acaba de recibir el premio, convocado por el Instituto de Tecnologías Educativas (ITE) del MEC, en la modalidad de "Blogs educativos" de centros de enseñanza, "por su apropiada estética, sus contenidos oportunos y abundantes y su estructura correcta".

Pero, ¿quién mantiene Bibliocabe?
Todos vosotros/-as:


¡GRACIAS¡

"O BOTELLÓN" DOS DEREITOS HUMANOS


O Día dos Dereitos humanos, na entrada do centro, tivemos "botellón"...
O alumnado da ESO decorou botellas nas que meteu algunha imaxe ou texto relativo a un dereito humano vulnerado.
Botellas, colorido, preguntas sobre o día no que estabamos, paradas diante da mesa de autopréstamos e miradas dirixidas ó chan, ós envases que lanzaban un SOS na entrada do Cabe.



DEREITOS HUMANOS 2010

"HORARIO" NA BIBLIOTECA

Como xa anunciamos o 25 de Novembro, un numeroso grupo de alumnos de BAC puideron ver na Biblioteca a obra dirixida por Manuel Lourenzo e interpretada por Nuria González e Diana Sieira: "Horario"; adaptación dun texto de Begoña Muñoz Saa.
Como podedes deducir polo cartel que nos fixeron chegar, as horas do día marcan o ritmo dunha historia na que unha muller recibe maltrato psicolóxico por parte do seu home.
As dúas actrices de Grávida Teatro interpretaron estupendamente a anguria, os medos, os sentimentos contradictorios, a loita diaria... dunha muller (elas dúas eran unha soa) na súa rutina diaria; voces que tamén interiorizaban a presenza abafante do home opresor.

Logo da súa actuación, entablamos unha conversación sobre o significado de varios símbolos da obra, a orixe desa representación a partir do texto escrito... algunha alumna preguntou sobre onde están os límites. do maltrato, outros opinaron sobre a pertinencia de reflexionar sobre estes temas.
En definitiva, un exercicio de cavilación (que organizamos conxuntamente Normalización Lingüística e Biblioteca) para un tema que non pode deixarnos indiferentes.






¡Ponte en la piel de otros!