E con esta ambientación chegamos ao venres día 2. Este día proxectamos aos alumnos de 1º da ESO a película Coco (que trata sobre día dos mortos en México). A nosa Biblioteca parecía o escenario da rodaxe da película: un altar con fotos enmarcadas dos principais persoaxes, a guitarra de Miguel (protagonista da película), pintada polo profesor de plástica, Bernardino Cerviño, para a ocasión, ... frores, caveiras, doces, ...
Unha vez rematada a proxección da película e tras o aplausos dos rapaces, comezou o turno de fotos coa guitarra de Miguel.Ninguén quixo perder a oportunidade de sair fotografiado como un auténtico artista!.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario