DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Durante a semana do 10 ao 15 de maio celebramos no IES Río Cabe as Letras Galegas. Na entrada, coma sempre, algunhas suxerencias lectoras para toda a Comunidade Educativa, unha pequena exposición sobre a vida e obra do homenaxeado deste ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde e un recordatorio fotográfico dalgúns autores premiados ao longo destes 52 anos.

O equipo de Normalización Lingüística xunto co departamento de galego celebrou o día 15 de maio a final do concurso de oratoria na ESO, que tanto éxito tivo entre os nosos alumnos. Desenrolouse durante o mes de maio e nel participaron  1,2,3,4 de ESO. O concurso de oratoria consistía en sacar ao chou unha palabra en galego e falar dela durante 1minuto. Foi moi divertido, descubrimos cualidades oratorias de moitos rapaces que non coñecíamos. Os gañadores foron: Gloria Pérez, Nuria Ramos e Pablo Tierra de 1 e 2 ESO. Aldara Otero, Lucía Rodríguez e Iago Casar de 3 e 4 de ESO. Debido a gran participación, este concurso terá probablemente continuidade o vindeiro curso académico.



 Galería de Imaxes Letras Galegas 2015 no IES Río Cabe