Samaín 2014

O xoves 30 de outubro decoramos a Biblioteca, visionamos un curto de terror, organizamos un concurso de cabazas tuneadas e degustamos algunha que outra doce sorpresiña. A esta actividade estaban convidados os alumnos de 1º e 2º da ESO.

Na entrada do Instituto vampiros, cabazas, arañas e morcegos; e na estantería de autopréstamo moitos libros acordes coa festividade.

Aquí tedes algunhas fotos:
 

24 de Outubro - Día da Biblioteca

Durante a semana do 20 ao 24 de outubro programamos diferentes actividades: lecturas en distintas linguas, concursos, xogos, etc...

A nosa intención era manter a Biblioteca aberta o maior número de horas posibles. Elaboramos un horario para que todos os profesores interesados puidesen anotarse e organizar así todas as sesións de clase.

A participación foi moi grande e todos os cursos realizaron algunha actividade na Biblioteca.

¡Canta animación!

Curso 2014/2015

Aquí estamos de volta dende a Biblioteca do IES Río Cabe, con moitas novidades e suxerentes lecturas para desfrutar dun outono máis cálido.

Estas son algunhas das novas adquisicións, que as poderedes atopar todas elas no expositor da entrada do Instituto:


Proxectos Interdisciplinares

Durante este curso escolar os alumnos de 1 ESO dentro da materia de proxecto interdisciplinar elaboraron unha maqueta da biblioteca en miniatura e confeccionaron diferentes fofuchas que representan diferentes épocas históricas.

Fofucha é o nome co que se coñece a unhas graciosas bonecas que se caracterizan polas súas longas pernas e as súas caras sempre sorrintes. Confecciónanse de forma totalmente artesanal utilizando bolas de porex(corcho) e forradas con goma eva(foam). Fofucha significa "bonita-dulce-tenra" e tamén é unha forma cariñosa de dirixirse a outra persoa.

A continuación podedes observar o resultado, e se queredes apreciar en tres dimensións tanto a maqueta como as fofuchas non deixedes de visitar a exposición que atoparedes no vestíbulo de entrada ao instituto.

 

Día das Letras Galegas

O venres 16 de maio, na biblioteca do IES Río Cabe, xunto co equipo de Normalización Lingüística levamos a cabo un Recital Poético en homenaxe a Xosé María Díaz Castro.


Neste recital participaron:

Julio
Manuel
Jordi
Carmen
Lucía
Andrea
Iago
Leidy
Aroa
Sabela
Iván

Os nosos parabéns a todos. Aquí tedes unha pequena mostra:


DÍA DO LIBRO 2014

Como cada ano no IES RÍO CABE celebramos este día coa chegada do amigo invisible. No recreo do mércores 23 todos os alumnos de ESO, Bacharelato e como non, os profesores agardaban ansiosos a chegada de novas lecturas. Separados por cursos o reparto foi moi rápido e con máis ou menos acerto por parte do noso amigo invisible. As caras de ledicia eran evidentes. Que ben senta recibir un agasallo o mesmo día no que voltamos dunhas pequenas vacacións!.

Por outra banda, durante todo o mes de abril hai en marcha un concurso moi orixinal: "Adiviña cal é o título deste libro". Nun taboleiro na entrada do instituto están expostas 24 frases de libros moi coñecidos. O concurso consiste en adiviñar o título do libro e cubrir unhas tarxetiñas cos nomes. O gañador será o que máis títulos acerte. A ver, a ver quén será?.


 

14 de febreiro: día dos namorados

Para a celebración deste día en Bibliocabe realizamos varias actividades:

-Preparamos un expositor (autopréstamo) con lecturas e películas relacionadas co amor.
-Adornamos o instituto con corazóns, cupidos e poemas feitos polos alumnos.
-Alumnos e profesores tiveron a oportunidade de deixar as súas mensaxes amorosas en distintas linguas.
-Convocamos un concurso de cartas de amor que tivo moita participación. No photopeach que acompaña a esta entrada podedes ver a carta gañadora.

DÍA DA PAZ 2014

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz ou da non violencia. O equipo da biblioteca xunto cos alumnos de 1º de ESO e PDC preparamos un expositor en forma de biombos con ocos a modo de fiestras onde por un lado pegamos imaxes de paz e polo outro imaxes de guerra, todas elas recopiladas polos rapaces. Finalmente, adornamos estes biombos con citas, poemas e letras de cancións relacionadas con este día.

Aqui tedes o resultado, por certo, con moito colorido:

Lecturas recomendadas para o día da Paz

O 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz ou da non violencia e dende Bibliocabe recomendámosvos unhas pouquiñas lecturas. Todas elas as podedes atopar no expositor do hall do instituto e levalas en préstamo.