Viaxe ao...interior de C. Emilio Ferreiro

"AVATARES: TRAS LOS ENIGMAS" con TERESA GRAU


O mércores 25, organizado por Vicedirección do centro, os alumnos de 2ºESO asistiron na Biblioteca a unha sesión da contacontos Teresa Grau.
Foi unha agradabilísima experiencia a que vivimos todos escoitando as narracións, as historias... que co título: "Avatares: tras los enigmas" se referían a preguntas que acompañan á humanidade dende sempre: a búsqueda da felicidade, a persecución de soños, a morte, a relación entre todo o que sucede no mundo, a amizade... Respecto a este último tema, Sergio e Luis foron os "activos participantes" dun conto no que dous amigos emprenden unha viaxe polo deserto que non esqueceremos...
Os rapaces vos contarán as súas impresións...
Grazas Teresa.

Leer en casa