Este venres tivemos a inmensa sorte de contar cunha das autoras favoritas de Bibliocabe. Non é a primeira vez que nos visita e agardamos que non sexa a última. Declarámonos "fans" de María Reimóndez!!!!
Con ela tivemos a oportunidade de comentar aspectos da súa última obra Furia, gañadora do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Esta obra, en principio, dirixida a un público xuvenil é tamén unha obra para adultos. De feito, a lectura dun adolescente de seguro que é completamente distinta á dun adulto, xa que se trata dunha obra con moitas "capas".
Con María, tratamos aspectos como o porqué os nomes dos personaxes (todos iniciais, excepto Cecilia e Laura), a idea da furia como algo positivo que pode ser capaz de sacarnos dun estado de aletargamento, de facernos reaccionar, e converterse na saída, no asideiro co que enfrontar o negativo da vida.......
Falamos da sensibilidade ao tempo que crudeza con que descrebe certas situacións límite que nos tocan, que nos fan sentir un nó no estómago, e que só quen as sofreu ou está a sofrir é capaz de describir e/ou entender.
Para rematar, quedamos coa intriga de ver eses preciosos cadernos escritos a man e decorados cos que María inicia cada obra. Agardamos impacientes o de Furia!!!!!!
Unha vez máis, queremos agradecer a María Reimóndez o seu marabilloso facer, a súa humanidade, a súa disposición a acodir sempre a nosa chamada. Agardamos a túa póxima visita e mentres tanto: Grazas, Grazas, Grazas.
0 comentarios:
Publicar un comentario