8M. Día da Muller. Superheroínas de banda deseñada vs mulleres reais

 Superheroínas de banda deseñada vs mulleres reais: superheroínas de Bibliocabe é o lema da Biblioteca para este 8M. Con el pretendemos facer ver que toda muller é unha super-muller ao tempo que contribuir ao empoderamento feminino.

Cunha exposición que se atopa na entrada do centro, a Biblioteca tentou acadar ese obxectivo. Nada máis entrar atopámonos cun marabilloso e espectacular Póster , realizado pola nosa colaboradora Lucía de la Iglesia para a ocasión. Enriba do póster, unhas xigantes volvoretas 3D, realizadas por Cristina Ouro (membro do Equipo da Biblio) en colaboración cos alumnos, incítanos ás mulleres a voar, a despegar as nosas ás, a ser superheroínas.

A exposición continúa con heroínas clásicas de banda deseñada, seguidas de mulleres reais de Bibliocabe. 

As nosas mulleres van dende pintoras, que nos transportan a un mundo máxico de cores e formas, ata unha avoa que, con 83 anos e quen de saltar á comba como unha mociña. Non faltan medallistas, ximnastas que fan figuras imposibles co seu corpo, nin cantantes que nos hipnotizan coa súa engaiolante voz. Estas e moitas máis son as nosas verdadeiras superheroínas!!!!!


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



0 comentarios: