O mércores 20 de decembro o programa "de 0 a 100" que a Voz de Galicia realiza en colaboración coa Consellería de Educación, escolleu a Biblioteca do noso centro para facerlle unha entrevista a Gonzalo Losal, xerente da empresa Calzados Losal.
Gonzalo, ex-alumno do centro contou como a súa empresa leva máis de 125 anos a fabricar zapatos. Ademáis de relatar detalles técnicos do proceso de fabricación, contounos que entre a súa clientela se atopan xogadores do Atlético de Madrid, o Presidente do Real Madrid e ata o ex-Presidente francés N. Sarkozy.
O alumnado de 4ºESO da materia de Economía puido coñecer de primeira man a experiencia deste empresario. Grazas Gonzalo por responder tan amablemente ás dúbidas e inquedanzas dos rapaces!!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario