Con dous impresionantes carteis realizados pola nosa alumna e colaboradora habitual da Biblioteca, Lucía de la Iglesia, queremos rendir homenaxe a todas aquelas mulleres que sofriron e están a sofrir violencia de xénero. Non podemos esquecer tampouco a todas a que xa non están, a aquelas que nos roubaron.
A sensibilidade, a dor o desgarramento e tamén o optimismo están presentes nestas dúas excepcionais obras. Grazas Lucía pola túa colaboración incondicional, pola túa humildade e por ese inmenso talento que posúes.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario