Este 29 de Novembro puxemos fin as actividades conmemorativas do día contra a Violencia de xénero. Tras un emotivo discurso a cargo de Demetrio Álvarez, asistimos a coreografía( realizada polo alumnado de 2 e 3 Eso ) do tema Reina (de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras). Continuamos coa actuación da banda da Biblio, Os Furanchos de Bibliocabe, que interpretou temas tan míticos como A porta violeta, entre outros.Rematamos co reparto de Chapas contra a Violencia de Xénero e un acto de repulsa no que participou todo o centro. A nosa Biblioteca quedou moi pequeniña para tal cantidade de xente!
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario