Reinterpretando "La llorona"

 Despois de dar a coñecer aos nosos alumnos todo o que rodea ao día de mortos en México, quixemos familiarizalos cun tema que xa é universal: La llorona. Dende a Biblioteca propuxémoslles que fixesen unha reinterpretación desta triste historia. Podían facer unha precuela, unha secuela, reinterpretar a historia...facer unha explicación psicolóxica e filosófica  a porqué nesta cultura é unha figura tan importante (que pode significar no imaxinario colectivo...) Nesta actividade,  traballaron fundamentalmente  os alumnos de Psicoloxía e Filosofía, aínda que tamén se sumaron outros alumnos do centro . Queremos destacar a impresionante imaxe da LLorona realizada por a nosa alumna Lucía de la Iglesia, que coma sempre é capaz de plasmar nas súas obras a alma humana. Graciñas a Lucía e a  súa profesora Cristina. Parabéns rapaces!!

 

 
 












Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: