Niste 21 de setembro, dende Bibliocabe propoñémosvos coñecer máis sobre un transtorno cerebral que destrúe lentamente a memoria e a capacidade de pensar, así como co tempo a habilidade de levar a cabo as tarefas máis sinxelas.
As persoas que padecen este transtorno tamén experimentan cambios na conducta e personalidade. Estes enfermos van perdendo os seus recordos e a súa identidade ata non recoñecer a realidade que nos rodea.
Seguramente, no noso entorno coñezamos ou teñamos a alguén que sofre esta terrible enfermidade. Coñecela mellor supón poder coñecer e axudar aos que nos rodean.
De seguido tedes algunhas obras que nos poden axudar a comprender esta terrible realidade.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario