REUNIÓN EN BALBORDO CON ARANTZA PORTABALES

 


O venres 2 tivemos a sorte de contar coa presenza de Arantza Portabales na nosa reunión de Balbordo. A súa simpatía, cercanía e xenerosidade permitiunus falar moito non só de Deixe a súa mensaxe... senón doutras das súas novelas máis recentes ou de inmediatos proxectos.


Charlamos sobre estas breves historias perfectamente interconectadas que percorren catro vidas que, sen sabelo, teñen algún fío invisible en común. Son páxinas con nome de muller, personaxes femininos de diversa idade ou estrato social, solitarias, loitadoras, desilusionadas nalgún momento, cheas de forza e tamén de dúbidas....que van deixando as súas aparentemente inconexas mensaxes nun frío contestador  no que se depositan variadas confidencias e retallos de vidas.

Marina, Carmela, Sara e Viviana desgranan a súa existencia con problemáticas diarias, comúns (e ó tempo extraordinarias) mulleres solitarias que van cambiando o seu comportamento e ideas polo azar que se cruza en cada un dos seus camiños.

Moitísimas grazas, Arantza, pola túa espontaneidade e a ilusión que transmites cando falas das tramas, proceso de creación e personaxes dos teus libros.

Esperamos verte de novo en Balbordo. Libro: Beleza vermella.

Beatriz González L.

0 comentarios: