Florencio Delgado foi un poeta galego nado na comarca de Valdeorras, afiliado ao Partido Galeguista e defensor dunha "ampla autonomía, un recoñecemento absoluto da personalidade galega como nación". A raiz do golpe de estado de 1936 tivo que exiliarse a Francia para fuxir da represión franquista. Dende alí axudou a organizar a saída de España de republicanos galegos que fuxiran da represión. Posteriormente trasládase a México onde participa en actividades galeguistas e literarias, publicando a maior parte da súa obra poética.
Tamén hoxe en día no noso país estamos a recibir a xente que por razóns de toda índole teñen que sair do seu país ou incluso exiliarse, como Florencio.
Para que nengunha persoa en calquera parte do mundo sexa considerada "clandestina", dende Bibliocabe, neste día de conmemoración das Letras Galegas adicámoslles os temas "Clandestino" e "Miña terra galega" interpretados polo grupo musical da Biblio.
Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador
0 comentarios:
Publicar un comentario