Cunha exposición sobre o movemento hippie que abarcou a súa orixe, intencións, o festival de Woodstock, ... e cos lemas e símbolos máis importantes deste movemento comezamos o entroido en Bibliocabe.
A esta exposición sumouse a instalación composta por un impresionante autobús (realizado polo profesor de plástica e colaborador do equipo da Biblio, Anxo Alvaredo), e trinta enormes frores colgados do teito e realizadas polos membros do equipo, Xurxo e Flor.
O ambiente era propicio para o que viu despois: toda a comunidade educativa disfrazouse e puido disfrutar dunha xornada de Paz, Amor e Rock`n`Roll.
0 comentarios:
Publicar un comentario