Lombopoemas para a PAZ e a NON VIOLENCIA

 Cunha biblioteca completamente revolta iniciamos a celebración do día da Paz cunha actividade de creación de lombopoemas.

Tratábase de facer poemas a partir da combinación de títulos de diferentes libros. A temática tiña que xirar arredor da non violencia e a Paz.  

Os alumnos buscaron en toda a Biblioteca títulos cos que facer o seu lombopoema, fotografaron a composición resultante e adornárona. Ademais incluiron unha breve reflexión que recollía o significado da composición realizada. A actividade, realizada en colaboración co TIL e os departamentos de Lingua, resultou moi divertida e enriquecedora pero a Biblioteca quedou..........

Os lombopoemas resultantes están expostos fronte a entrada da Biblioteca. Agardamos que disfrutedes do resultado!!!


 Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador

0 comentarios: