Os alumnos de 3º ESO B, xunto coa súa profesora Fina Vázquez, colaboraron coa biblioteca en Samaín buscando os cadros máis terroríficos da historia. A maioría dos cadros foron feitos (interpretados) ou escenificados polos rapaces. O resultado foi impactante.
Ademáis tentouse que todo o centro participase nesta actividade. Para iso ideouse un xogo: fixéronse unhas tarxetas que contiñan o nome do auto e o título dos cadros expostos no mural; cada cadro levaba asignado un número e unha breve reseña para que a identificación fora máis doada. Para participar só tiñan que vir á biblioteca, recoller a tarxeta, cubrila (identificando número de cadro co autor e título), e deixala de novo na biblio.
Con todas as tarxetas cubertas faremos un sorteo e a que saia gañadora terá un agasallo. Por suposto, será un agasallo terrorífico.
0 comentarios:
Publicar un comentario