8 M. "Fronte ao mesmo obxectivo, nada nos detén". Mulleres detrás das vacinas

Cun impactante e optimista poster realizado polo noso colaborador Alejandro García, dende Bibliocabe queremos celebrar este 8 M cun esperanzador e empoderador mensaxe: Fronte ao mesmo obxectivo, nada nos detén.

 

Este poster acompáñase dun video e unha exposición no que reivindicamos o papel da muller nun tema como o das vacinas. Tras facer unha pequena "vista atrás", lembrando o papel decisivo de mulleres como Isabel Zendal, centrámonos na actualidade destacando o labor de: 

  • Sarah Gilbert, a mente detrás da vacina de AstraZeneca. 
  • Amy Flaxman, membro do equipo de investigación de Osford-AstraZeneca. 
  • Kathrin Jansen, o cerebro que se atopa detrás da vacina de Pfizer. 
  • Chen Wei, responsable en China da loita contra todo tipo de virus e directora do equipo que fixo as vacinas de Sino Pharm e Sinovac. 
  • Kizzmekia Corbett, responsable do equipo que traballou na vacina de Moderna. 
  • Isabel Sola, quen codirixe con Luis Enjuanes o equipo que está a desenvolver a vacina do CSID no noso país.

Nunca mellor dito: fronte ao mesmo obxectivo, nada nos detén!!!!.

 


Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador


0 comentarios: