Cómics sobre Dereitos Humanos

Como actividade conmemorativa do Día dos Dereitos Humanos, dende  a Biblioteca, propuxemos aos nosos alumnos a realización de cómics sobre "As caras dos Dereitos Humanos". Os cómics podían versar sobre unha persoaxe ou sobre colectivos que tivesen loitado ou estivesen a loitar sobre estes dereitos. De seguido tedes algúns dos traballos presentados polos rapaces.

Claudia Pérez Barrientos e Zeltia Pérez Barrientos preséntannos a historia de Malala a través dun impresionante, precioso e colorido cómic.


Nicole Rodríguez Ramírez  adica o seu impactante cómic "Tinguido de gris" a Rosa Parks.
 

Silvia Pérez Madueño reivindica a figura e o legado de Clara Campoamor nun optimista e realista cómic.
 
Alexandra Lesneanu cos seus catro cómics cheos de forza e ansias de xustiza, lémbranos o "soño de Martin Luther King", e fai fincapé nas reivindicacións de colectivos como LGBT, "inmigrantes clandestinos", ...



Publicado por Flor R. Lemos e Xurxo R. Labrador



 


0 comentarios: