Este venres, o alumnado de 3º da Eso participou, na Biblioteca, na primeira fase dun obradoiro de escrita creativa titulado "Recunchos de letras" no que a traves de catro estacións, Palabras e ideas, Frases e titulares, Imaxes de onte e hoxe e Poetas de aquí e acolá, foron elaborando textos literarios en galego dos diversos . xéneros. Esta primeira fase titorizouna a nosa compañeira e colaboradora da Biblioteca, Sara Porrit. Os rapaces, ademáis de aprender moitísimo, saíron encantados. Grazas, Sara por tan marabillosa iniciativa.
A segunda fase do proxecto contará coa colaboración da poeta Noa Moreira que realizará unha asesoría creativa e axudará á rapazada a poñer a punto as súas creacións para, finalmente na última etapa, elaborar unha pequena antoloxía literaria. Agardamos impacientes esa antoloxía!
0 comentarios:
Publicar un comentario