AO REDOR DO TERROR

Continuamos a nosa actividade coa convocatoria, para o alumnado, do II Certame de relatos de terror ou misterio; deberán ter presente no tema a Biblioteca ou un libro. Debes consultar as bases para participar.

Manuel Sánchez ambientou a entrada do centro, onde atoparedes a habitual mesa de autopréstamos nesta ocasión con libros de terror ou misterio:

E por último, aquí vos deixamos o conto de G. Maupassant que escoitamos xa hai varias noites na Biblioteca. Prestoulle a súa voz o pai dunha alumna (Jose Fernández) e arranxou os efectos Xurxo. Que disfrutedes escoitándoo!

0 comentarios: